domingo, 20 de outubro de 2013

Homenaxe a Darío Xohán Cabana



O mércores 23 de outubro a Asociación de Tradutores Galegos réndelle unha homenaxe a Darío Xohán Cabana con motivo do Día Internacional da Tradución.
No acto, que se celebrará ás 20:00 no salón de plenos do Concello de Lugo, intervirán Marica Campo, Paco Martín, o presidente da ATG Xavier Senín e o alcalde de Lugo Xosé López Orozco. Ó final das intervencións faladas, terá lugar un concertiño de Herbens Consort.

Ningún comentario:

Publicar un comentario