mércores, 12 de novembro de 2014

A Divina Comedia de Dante Alighieri

DANTE ALIGHIERI
A DIVINA COMEDIA
Edición bilingüe
Nova tradución de
Darío Xohán Cabana
Colección A nosa voz entenden, número 3
757 páxinas, cartoné, 25 x 17 cm
P. V. P.: 40 euros

Acabamos de publicar a nova tradución en tercetos encadeados d’A Divina Comedia feita por Darío Xohán Cabana. Se Vde. quere axudar especialmente a nosa aventura editorial, quizabes lle pareza ben encargarnos directamente o seu exemplar premendo aquí; pero antes de facer a encarga, valore a OFERTA DE CARA Ó NADAL que se ofrece como segunda opción.

Darío Xohán Cabana xa publicara en 1990 unha tradución d’A Divina Comedia pola que no ano seguinte recibiu a medalla de ouro do Concello de Florencia, en consideración á que na exposición de motivos se definía como “a mellor tradución ata agora dispoñible na área galego-portuguesa-brasileira”.

“Esta de agora –di o tradutor no prólogo– é completamente nova, resultado do traballo continuo e obsesivo destes tres últimos anos. Dos 14.233 versos que contén a Commedia, uns sete mil son agora diferentes na miña Comedia...”

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2013.


Ningún comentario:

Publicar un comentario